A Magdalena vista polo pintor Carreira |
A loucura non sabe de sexos, non sabe de idades , e a menudo
a loucura acaba co pasado. A Madalena formaba parte das rúas de Lugo como o
fixeron as pedras do camino da rúa dos viños. O viño era precisamente o que lle
gostaba a Madalena, e o principio da súa loucura. Unha loucura de saia longa.
Unha saia longa que moitas veces arremangaba cos brazos, mirábate ós ollos para
ensinarte o que Courbet chamou a orixe do mundo. Non sei como era a orixe do
mundo da Magdalena porque a min nunca ma ensinou pero contábame un amigo que
él, un día paseando cos seus país, pola
rúa dos viños, en plena adolescencia viuno con todo o seu esplendor. Unha orixe
do mundo morenocha rodeada de telas de saías remangadas. Dixo o meu amigo que
nunca poido olvidar esa imaxen, e que
dende aquela comparaba todas as orixes do mundo que máis tarde atendeu con aquela da Magdalena.
A Madalena
gustáballe o Museo Provincial, non entrar dentro senon estar fora edulcorando
con palabras alusivas a familia de cada un que entraba pola porta. Tamén dos
que alí traballaban como gardas de seguridade que tiñan sempre a nai ben
mentada pola boca un pelín sucia da
Madalena. Alí, no museo escondía o diñeiro que lle daba a xente pola rúa. E como decía
Bertol Brech, sempre haberá un mais necesitado que vaia coller o que
deixa outro. Maís necesitado ou non, o certo e que a madalena lle roubaban os
cartos das esmolas escondidos nos furados da pedra. Unha situación que
provocaba unha ira tremenda e outra ristra de insultos.
A madalena terá máis de 70
anos pero sempre pareceu maior, e mais depois do atropello dun coche que
sufriu que a deixou media coxa. Deixouna medio coxa pero deulle un tema de
conversa a maiores mentras ía a pedir esmola.
A Madalena, ademáis de ter un verbo afilado para as verbas chamadas mal soantes, tiña unha man a que lle gustaban
as cousas calidas. Así que, si mentras che pedía esmola, te achegabas a ela
podías sentir como che tocaba no xa mencionado orixen do mundo ou outras partes
do corpo sempre con temperaturas superiores.
Pouco importaba que foras home ou muller, o certo é que lle gustaban as partes máis cálidas e as
que mais soemos agochar.
Por isto penso que a
madalena non era tola de todo, mais ben era libre. Era libre como son os tolos para
falar e insultar ou para tocar, para pedir cartos, para pedir un abrazo ou un
bico. Sei dalgunha amiga a que a madalena lle pidiu únicamente un par de
abrazos. Porque a Madalena como todo ser humano estaba mais necesitada de bicos
que de outra cousa. Ela está agora
vivindo nunha casa despois de pasar un tempo nun asilo de anciáns en donde
siguiu facendo das súas, berrando, desnudándose e escapándose o máis mínimo
descuido. Agora xa moi maior vive nunha casa particular de donde non sae. Algo
seguramente difícil para alguén que tiña como única parede o vento da rúa.
Este cuadro de Carreira que xentilmente nos deixou vitor da
adega de San Vicente amosa perfectamente
a cara enrabeteada que tiña sempre Madalena. Co peito caído e coas máns sempre
preparadas para levantar a saia. Houbo un tempo que a Madalena formaba parte do
propio mobiliario da rúa dos viños e recordo esa imaxe dela coas pernas
separadas, a falda tesa e un regueiro de auga amarela correndo por ente as
pedras.
Eu lémbrome dela así e penso canto máís duro é vivir nas rúas
sendo muller e louca. Sendo muller carente de abrazos e de cartos. Quero pensar
que Madalena se nutria da liberdade, da que todos os demais carecemos por estar
supostamente menos loucos.
me encantó! gracias
ResponderEliminarGracias a ti Candela .un abrazo
ResponderEliminarQué bonitas verbas para A Madalena, e inda merecía máis... Son relativamente xove e por suposto que a recordo percorrendo a rúa Nova. Estráñase a súa presencia. Hoxe linlle o teu artigo ao meu pai, quen, por suposto tamén a recorda, a ela, a súa irma e á parella desta, do cal dixo que sempre iba de punta en branco. Unha preciosa homenaxe a quen, a pesar dela e dos pesares, fíxose querer... Vou seguir lendo os teus post, que polo que vou vendo podo pasar un bo rato. Un saudo.
ResponderEliminare o cadro un 10!
ResponderEliminarGracias, eu tamén a recordo percorrendo as rúas. Sempre son interesantes as persoas que viven o marxen das regras escritas polos demais. Na Madalena sempre vin unha mestura de tristura e felicidade. Un saúdo.
ResponderEliminarOs meus 35 anos xa levo media vida fora do meu Luguiño, pero son pasaxes coma esta as que me fan lembrar cada recuncho do meu fogar. Unhas verbas preciosas, de seguro que seguirei léndote.
ResponderEliminarMoitas gracias Angel. As paisaxes de donde se paou a infancia nunca se olvidan. Bicos
ResponderEliminarDigno de ler
ResponderEliminarUn saudo de O PICAÑEIRA
Gracias, un abrazo
EliminarRecordo a Madalena e tiña esa expresión.
ResponderEliminarO texto descríbea tan ben...
Graciasss, un abrazo
EliminarFantásticas verbas e fantástico cadro. Somos moitos os que nos preguntábamos donde andaría a señora da saia voladora. Si se bota en falta.
ResponderEliminarGraciass
ResponderEliminar