As xirafas non teñen casi
depredadores, só os leopardos que
aproveitan cando baixan a cabeza o chan para pillalas casi derrotadas. En
Africa adeicareime a avisar ás xirafas para que non baixen a cabeza nunca, e
cando o teñan que facer estarei atenta. E alertarei. Na sabana serei dona do
tempo, dos meus pensamentos, dos meus desexos. Podréi pasar horas enrodelándome
na área, ou no vento , cos ollos pechados, ou con eles abertos. E Igual, na sabana nada importa porque non
hai ruído, non hai voces. Non estás ti, nin ti. Marchade todos, ídevos. Quero oir só a miña respiración e o meu peito
moverse. ¿ teño que berrar para mandar a merda o mundo? ¿ teño que berrar para
que escoitedes esos pensamentos nunca
vos puiden decir. ¿ para que rodearme deste branco? Eu non quero tules e
coxines na miña vida que amoriguen a dor. Porque o dolor medra sempre hacia
dentro para converterse o día de mañá en
cancro.
Quero ir a sabana. Ali non estarás ti
para decirme o que está ben ou mal, para meterme medos no corpo. Non podrás
construir o meu espazo e o meu tempo con agullas de reloxo en cuartos pechados.
Na sabana o horizonte é infinito, o sol recorre o ceo pouco a pouco e cando
chega a noite só desexas contemplar a lúa. Algún día poderei escapar de ti. Non
sei si querendo ou non, eso teño que pensalo. Porque cando peche os ollos
definitivamente quedarei na sabana acariciando área, entre árbores planos e
xirafas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario