Aínda me colgaban
as pernas do banco de detrás da cociña cando souben que da barriga,
terriblemente inchada, da nai ia chegar un neno. Sería meu irmán, me dicían. Pero sempre sería mais pequeno. A
min, que non me gustaba moito esa opción preguntei si non podería ser un irmán maior en troques
de un pequeno. Non me contestaron. Adoitaban non facelo. Parece ser que
,daquela, cando aínda me colgaban as pernas do banco da cociña, as miñas
preguntas non tiñan importancia. Non se decataban, os maiores ,da cantidade de
cousas que me preocupaban e que, a forza de non recibir resposta, deixei de
preguntar. Dende a miña postura diante do tiro da cociña o mundo facíaseme un
lugar terriblemente complicado. A avoa era unha muller de baixa estatura. A ela
tamén lle custaba apoiar os dous pés no
chan cando estaba sentada no banco. Vivía permanentemente nesa cociña. Nunca a
vin nin no baño nin no salón e, por
suposto, era unha avoa de interior que nunca saía a rúa. Estaba sempre coas
mans pegadas o ferro da cociña, erguendo o testo da pota dos cachelos, ou reforzando
os calcetíns cunha tea de algodón. Tiña sempre un pano na cabeza atado no pico nunha
pequena lazada. A miúdo pasaba a man por entre a cara e o pano para asegurarse
de que non se lle escapaba. Eu tiña gaña de ver que había debaixo de aquel pano negro. Sólo o souben moitos
anos despois escondéndome trás dunha porta cando ela compoñía a súa trenza grisalla. A avoa dábame
un aloumiño ó día. Só un. Dicía que cos cativos non había que ser agarimoso en
exceso porque senón saían brandos. Eu agardaba con gran intensidade ese agarimo
e por iso, so facía por ela unha cousa boa o día. Non podía desgastar favores.
Dende moi neno souben como temperar os esforzos para o únicamente necesario. O
avó comía sempre nunha esquina da mesa. Gustáballe meter un cacho de touciño entre
os tres dentes que lle quedaban e ir roendo cun cacho de pan negro.
Quedábanlle sempre os beizos
abrillantados pola graxa que lle caía da boca. Ata que acababa o cacho de
touciño non pasaba a manga da chaqueta para se limpar. A min iso estábame prohibido
para limpar os mocos . Parece ser que só se podía limpar o que viña de fora
pero non o que chegaba de dentro. O avó só falaba cos de fóra. Cando viñan os
veciños a xogar as cartas e lle mandaba a avoa poñerlles un vasiño de viño. A
min só me dicía:
-
Neno
aparta , que aquí estás estorbando.-
Gustábame escoitar ó avó cando viña a xente de fóra. Ría,
contaba as historias da guerra e falaba dos que casaban no pobo. Gustáballe rir entre grolo e
grolo de viño. Ás veces, cando os veciños estaban moito tempo, o avó mareábase
un pouquiño e eu tiña que o acompañar á cama para que non caese polas
escaleiras. O avó e a avoa nunca falaban. Sempre pensei que xa non debían ter
nada que se dicir. Cando souben que durmían no mesmo cuarto e na mesma cama
pareceume incrible. Como podían durmir
xuntos se nin tan sequera se miraban?. Por qué durmían no mesmo cuarto si había
outros dous baleiros? . Todo iso poderíallo preguntar ó irmán maior , pero como o que ía chegar era
pequeno seguro que non o sabería. A nai
estaba agora inchada por ese irmán que levaba dentro. Nin preguntei como
entrara alí nin por onde ía saír. Cada mañá cando entraba na cociña a facerme o
almorzo miraba para a barriga por ver si xa saíra. A miña espera foi eterna. Empecei
a pensar que o irmán nunca chegaría. Dende o banco de madeira non se alcanzaba
o chan pero víase e escoitábase todo. Algunhas cousas das que alí vin e alí
escoitei non puiden esquecelas en toda a miña vida. Hoxe, dende o mesmo banco,
coas pernas, doridas de artrose, no chan e as mans cansas do traballo volvo a
lembrar a miña ruptura do mundo.
Dende
aquela tarde nada seguiu igual. Foi como
si as pernas me medraran de repente e me chegaran non só o chan senón tamén a
porta da cociña. O avó comía o seu lisco na esquina do banco, a avoa levantaba
o testo da pota para ver si xa estaban cocidos os cachelos, a mamá miraba para
fora.-
-
Voume.-
dixo.-
-
-que
dis. Dixo a aboa.-
-
Venme
buscar Antonio, ímonos para Alemaña.-
-
E como
te vas ir así encinta.-
-
El ten
traballo alí e dime que hai moi bós hospitais para dar a luz.
Eu abaneaba os pes cada vez con máis forza, abrindo os
ollos e agardando que nalgún momento desa conversa dixeran o meu nome.
Afixérame a calar a pesar de que todo o meu corpo era unha chea de palabras, de
preguntas, de lamentos, de choros contidos. A mamá achegouse a min e deume un
bico nos beizos. A aboa díxolle.
-
Un para
ti e outro para min, é todo o que che podo dar.-
Deu media volta e saíu da cociña cerrando a porta.
Deberon pasar polo menos tres anos de silencio, ata que os cachelos estiveron
cocidos, ata que a avó acabou o cacho de touciño, ata que a min se me caeu un
zapato de tanto abanear os pés.
-
Xa
están os cachelos. Imos comer.- dixo a aboa mirando para min cun sorriso na
boca.
-
E a
mamá, non ven comer - atrevínme a preguntar
?
O avó dende o outro lado do banco sentenciou.
-Xa es grande para comer só, xa es grande para facer todo
ti só. Así que non preguntes mais e come.-
Nunca souben o que
pasou antes e despois daquela conversa porque cando un é neno todo lle chega nesgado
por esa manía adulta de pensar que os nenos non son capaces de comprender.
Nunca tiven irmán pequeno. Aínda espero sentado no banco
a que se abra a porta e apareza unha muller con un vestido de frores, unha
chaqueta verde e un ventre avultado.
Bonito e duro, Lourdes. Recolle moi ben o ambiente do rural dos nosos avós e consigues que nos metamos na pel do neno protragonista. Gustoume moito. Bicos.
ResponderEliminarGracias Luisa. Un abrazo
ResponderEliminarTenrura, melancolía, tristeza... É verdade que consegues espertar as emocións no lector. Moi boa a ambientación e o retrato dos personaxes. E esa mirada do neno ao final que emparenta co realismo máxico. Soubeches captar esa mirada dos nenos - a que mellor reflecte o mundo máxico- e poñerlle palabras. Dieste ten un exemplo magnifico no libro "Las aventuras de Felix Muriel". Recordachesme esa historia,
ResponderEliminarBicos
Grazas Shandy o universo dos nenos é tan inmenso e moitas veces tan desconocido. Seguirei a túa recomendación de Dieste. Un abrazo.
ResponderEliminar